As novas tarifas de Vodafone yu tamén estarán dispoñibles mediante contrato
luns, 26 de maio do 2014
- Imaxe dunha actividade promocional de Vodafone yu organizada hai poucos meses na Coruña
Vodafone continúa a potenciar a súa oferta de tarifas de
prepagamento dirixidas á mocidade baixo a marca Vodafone
yu, como coas novas tarifas Yuser, Superyuser e Megayuser, de 10, 15 e 20
euros/mes respectivamente, que se adaptan a distintos hábitos de consumo; pero
finalmente animaranse a dar un paso nunha dirección distinta coa estrea
das novas tarifas Vodafone yu na modalidade de contrato a partir do 2 de xuño.
As novas tarifas de contrato de Vodafone yu incluirÃan chamadas e mensaxes de
balde entre clientes da comunidade yu e primando as comunicacións de datos ás
de voz (atendendo á actual demanda do mercado). As tarifas que poderán
activarse en contrato serán as Superyuser e Megayuser, que por 15 e 20 euros
inclúen respectivamente 60 e 100 minutos de voz e 1,2 e 1,6 Gb de datos a
máxima velocidade.