As mensaxes de WhatsApp poden empregarse para demostrar contratos, acordos ou débedas

xoves, 9 de febreiro do 2017 Marcus Fernández

Non é ningunha sorpresa que WhatsApp é unha canle de comunicación moi importante nas nosas vidas, non só no ámbito persoal, senón tamén no profesional, e cando xorden problemas que deben dilucidarse xudicialmente emerxen as dúbidas sobre o uso das mensaxes de WhatsApp como probas, xa que cando un notario levanta acta dunha conversa realizada a través de tal aplicación só pode constatar a existencia das mensaxes nun terminal concreto, indicando o seu remitente, a hora do envío, o contido e o seu destinatario, ou sexa, que non demostra a súa autenticidade, senón só a mera existencia (o que permite a conservación de tal información).
Existe a crenza de que a información dixital é doada de manipular, pero iso non quere dicir que non poidan empregarse como proba, o que defenden dende Sistemius, compañía que sostén que as mensaxes de WhatsApp, se foron conseguidas de xeito legal, son un medio válido como calquera outro, tal e como se ten comprobado nos tribunais, que recoñecen que o receptor das mensaxes é propietario das mesmas, de aí que o seu uso con carácter probatorio non violaría o segredo das comunicacións.
Amais, dende Sistemius salientan que, sempre que as mensaxes de WhatsApp non sexan impugnados pola parte á que prexudican (caso que precisaría unha proba pericial adicional para demostrar que o seu contido non se alterou) os tribunais poden aceptalos sen problemas como proba, algo que teñen conseguido dende o despacho de avogados especializado en tecnoloxías da información e comunicación, polo que convidan a contactar con eles a quen teña dúbidas ao respecto. Temos así que as mensaxes de WhatsApp poden resultar de grande utilidade para demostrar contratos, acordos ou débedas, para o que é unha garantía adicional que haxa notarios que certifiquen este tipo de mensaxes.

PUBLICIDADE