As imaxes en Flickr xa poden tuitearse automaticamente
mércores 1 de xullo do 2009, por | |
| Compartir |
Os usuarios de Flickr levan
tempo podendo configurar nas súas contas os distintos blogs que administran
para poder publicar as súas imaxes nos mesmos dun xeito rápido e doado, e agora
tamén poden facer
o mesmo con Twitter grazas á chegada da característica oficial
chamada Flickr2Twitter, que despois de que o usuario autorice a
Flickr a acceder á súa conta de Twitter, contará coa opción de publicar as súas
imaxes na plataforma de microblogging
coma se fose un blog máis.
Esta prestación pódese utilizar tanto nas imaxes propias como as que se atopen
en Twitter e que pertenzan a outros usuarios, o que fará que en breve nos
afagamos a ver ligazóns a imaxes dende o dominio flic.kr (que é o que emprega
Flickr para atallar as súas imaxes, de xeito que o enderezo http://www.flickr.com/photos/399421...
aparecería coma http://flic.kr/p/6AZig4).
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68














