As entidades bancarias apostan pola realidade aumentada

martes, 1 de decembro do 2009 Marcus Fernández

La Caixa estreou aplicación de realidade aumentada para Android e iPhone

La Caixa creou a primeira aplicación dunha entidade financeira en España para teléfonos móbiles baseada en realidade aumentada, que estréase inicialmente para terminais Android e tamén chegará para o iPhone. A aplicación permite visualizar en tempo real al situación das oficinas e dos caixeiros automáticos da entidade, pese a estar a varias rúas de distancia, amosando capas de datos sobre as imaxes captadas polas cámaras dos móbiles.
A aplicación sinala o camiño cara os caixeiros sobre imaxes reais e actualizadas, indicando a distancia con respecto da posición do usuario, pero non é a única deste tipo que podemos ver en España, senón que a compostelá Signo tamén está a desenvolver con Bankinter unha aplicación de realidade aumentada ou, máis concretamente, unha capa para Layar, de xeito que co popular programa gratuíto para Android e iPhone é posible acceder a información contextual ás imaxes que captan os móbiles coas súas cámaras, e que coma no caso de La Caixa, podería empregarse para localizar oficinas e caixeiros de Bankinter.

A capa desenvolvida por Signo facilita a localización de oficinas e caixeiros de Bankinter

PUBLICIDADE