As empresas TIC do noso país danse cita esta tarde en Compostela

mércores, 2 de xuño do 2010 Raquel Noya

A Asociación de Empresas Galegas adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías (EGANET) está a preparar os últimos detalles do encontro de empresas do sector TIC con BIC Galicia que vai ter lugar esta mesma tarde en Santiago de Compostela e á que acudiran representantes das empresas tecnolóxicas do noso país interesadas por innovar e actualizar os seus negocios.
As persoas responsables de BIC Galicia, entidade pentencente á Consellaría de Economía e Industria, explicarán os programas de apoio á consolidación empresarial que se están a levar a cabo dende a entidade pública para mellorar as firmas de novas tecnoloxías, e darán conta da dinámica de mentorización de empresas así como dos beneficios de participar na Rede Mentoring.
Por parte de BIC Galicia inservirán, Placeres Conde, a responsable da Rede Mentoring e Jacobo Garcí, director de Área do devandito organismo.
O acto dará comezo ás 17:00 horas no auditorio Obradoiro do Centor On de Caixa Galicia, emprazado na Rúa Nova, 33.

PUBLICIDADE