As consolas de Nintendo e os xogos Call of Duty 4 e Guitar Hero 3 lideran as vendas nos EE.UU.

venres, 14 de decembro do 2007

Os datos sobre as vendas de videoxogos nos EE.UU. durante o mes de novembro veñen de publicarse destacando que a Wii continúa a arrasar, liderando as vendas de consolas con 981.000 unidades, aínda que a consola portátil de Nintendo funciona mellor con 1,53 millóns de DS vendidas (superando sobradamente as 567.000 PSP de Sony).
No tocante ós xogos, o líder en vendas é o Call of Duty 4 de Activision, con máis de 2,01 millóns de copias para Xbox 360 e PS3, seguido por outro título da mesma compañía, Guitar Hero 3, con 1,9 millóns de copias para Xbox 360, PS3, Wii e PS2. Tamén acadaron importantes vendas Assasin’s Creed (1,36 millóns de copias) e Super Mario Galaxy (1,12 millóns).

PUBLICIDADE