SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

As cintas de audio continuarán a fabricarse nos Estados Unidos até 2009 (polo menos)

venres 10 de agosto do 2007, por Matías Olazabal | | Compartir | |

O único fabricante de cintas de audio dos Estados Unidos que aínda sobrevive perante a crecente demanda dos medios dixitais vén de estimar que, malia esta realidade crítica e adversa, as cintas seguiranse a fabricar até 2009. Segundo o director da empresa Lenco, Daryl Chapelle, a demanda polos denominados casetes manteríase até ese ano, aínda que as ventas das cintas caeron dende os 442 millóns de pezas comercializadas en 1990 ás non máis de 700.000 no ano pasado.

Malia este problema e tendo en conta o publicado nun artigo do xornal Infobae, aínda hai unha serie de persoas e institucións que fan uso cotián das cintas de audio con fins documentais. Un destes organismos é o servizo para cegos da Biblioteca Congress National Library, que mentres agarda pola chegada dos cartos para pasar a súa colección a CD, considera que o casete constitúe un soporte “duradeiro e sinxelo de empregar”, e continúa a facer uso dos mesmos.

Outras das finalidades para o soporte que máis “vida” tivo ó longo da historia da gravación magnetofónica, é o rexistro de sermóns relixiosos, xa que este sistema ten unha gran vantaxe fronte ó CD, e é que pode almacenar até 120 minutos de audio nun espazo moi reducido.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS