As axudas da Xunta para contratar acceso á Internet vía satélite poderán solicitarse a partir de mañá

mércores, 19 de setembro do 2012 Redacción

Momento da sinatura do convenio entre AGADER e AMTEGA

Froito dun acordo asinado entre a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería de Medio Rural e do Mar (a través de AGADER), investiranse 1.077.000 euros e axudas para contratar liñas de acceso á Internet a través de tecnoloxía satelital no período 2012-2014, de xeito que os galegos con dificultades para acceder á Rede por carecer de cobertura doutras tecnoloxías de acceso poderán solicitar a partir de mañá a estas axudas, xa que o Diario Oficial de Galicia publicou hoxe os nomes dos seis operadores acreditados como entidades colaboradoras para xestionar estas axudas que pretenden beneficiar a máis de 2.100 familias e pequenas e medianas empresas. Estas entidades serán Quantis, Tripla, Duo Telecom, Intermax Tecnology, Eurona e Mira Novas Tecnoloxías.
Con esta liña de axudas achegarase acceso á Internet por satélite a que non poida contratar conexións á Rede dunha velocidade mínima de 2 Mbps, e servirá para sufragar os gastos de instalación e o custo do equipamento preciso para acceder á Internet vía satélite. A contía máxima de cada axuda será de 500 euros e estará condiciona a unha permanencia do servizo dun ano. A alta de liña e o importe do primeiro mes será asumido pola entidade colaboradora, ou sexa, que resultará de balde par aos beneficiarios.

PUBLICIDADE