As aulas CeMIT impartiron máis de 3.300 horas de formación dende abril
xoves, 18 de agosto do 2011
Desde a súa posta en marcha, en abril, as
aulas da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica (CeMIT)
impartiron máis de 3.300 horas de formación, das que 2.512 pertencen á área
de alfabetización dixital e 840 corresponde a cursos sobre multimedia e
audiovisual. A Rede conta actualmente con preto de 3.600 usuarios.
Estas actividades intégranse no Plan de
Formación 2011, que se está a impartir nas 94 aulas que compoñen a Rede CeMIT.
Un programa dividido en tres áreas: a alfabetización dixital, a formación
multimedia e audiovisual e a formación avanzada para os profesionais galegos
das TIC, microempresas e autónomos e traballadores da Administración pública.
Os profesionais TIC e os empregado
públicos dispoñen de formación especÃfica nos dous centros de alta especialización
como son o Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia (CNTG) e Escola Galega de
Administración Pública (EGAP). AsÃ, entre setembro de 2010 e ata o pasado mes
de xuño o CNTG impartiu máis de 2.700 horas de formación e no primeiro semestre
do ano a EGAP dedicou 255 horas de formación do no eido das novas tecnoloxÃas
para os empregados públicos.
Ademais da formación presencial e en liña a Rede CeMIT conta cun servizo de Aula Aberta
que ofrece a posibilidade á cidadanÃa en xeral de acceder de maneira libre e
gratuÃta ás instalacións CeMIT e utilizar o equipamento que nelas se atopa
despregado. Nos catro últimos meses este servizo estivo dispoñible máis de
50.000 horas, permitindo aos usuarios facer uso libre dos equipos para as súas necesidades
particulares: procura de emprego, realizar retoques nas súas fotografÃas,
formación en liña, consulta de correo electrónico, navegación por Internet,
etc.
Como apoio adicional, o Axente TIC asesora
e axuda aos usuarios nas súas dúbidas e problemas tecnolóxicos cando estes
necesÃteno. O obxectivo deste servizo é converter as aulas en verdadeiros
espazos abertos nos que calquera cidadán pode, sen custo algún, achegarse ás
novas tecnoloxÃas e facer uso delas de modo persoal e independente.