As aulas CeMIT acollen un ciclo de charlas sobre ciberseguridade
luns, 29 de agosto do 2022
As aulas da Rede CeMIT acollerán en setembro e outubro xornadas
formativas que permiten recoñecer e previr as estafas en liña e os ciberataques.
Trátase dun programa de charlas promovidas pola AMTEGA que, baixo o tÃtulo VacÃnate
contra os coronabulos: protéxete dos ciberataques, están preferentemente
orientadas ás persoas maiores, aÃnda que poden apuntarse persoas de todas as
idades.
Estas sesións, para as que está aberta a inscrición,
realizaranse de xeito presencial durante os meses de setembro e outubro nas
aulas de Abegondo, Leiro, Fisterra, Ponteareas, Cuntis, Oroso, Riotorto,
Ribadeo e Brión e no Centro GaiásTech da Cidade da Cultura de Santiago de
Compostela. Todas elas teñen unha hora e media de duración en horarios de mañá
ou de tarde.
Durante as xornadas faise un repaso polos mecanismos de
desinformación aos que nos vemos sometidos cada dÃa. Desde a análise dun caso
real, abórdanse os obxectivos que perseguen as noticias falsas, asà como os
mecanismos necesarios para detectalas. Repásanse tamén as principais estafas ás
que nos vemos expostos no mundo en liña e danse a coñecer os mecanismos para
previlas.
As persoas interesadas en seguir calquera das actividades pode
facer a súa inscrición a través da web de CeMIT ou poñéndose en contacto
coa aula que lle resulte de máis interese.