As asociacións de internautas piden a retirada do mercado de produtos con sistemas anticopia

venres, 4 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Tanto a Asociación de Internautas como a Asociación de Usuarios de Internet solicitaron a revisión das tarifas fixas propostas polos Goberno para o novo canon dixital que consideran desproporcionado (pois supoñen un sobrecusto de máis do 20% nos produtos máis consumidos e chegan a superar o 40%) así como a retirada do mercado dos produtos orixinais susceptibles de copia privada que incorporen un sistema anticopia, o que impediría ós usuarios exercer un dereito para o que están a pagar unha taxa xestionada por entidades privadas.
Para esta última esixencia sería preciso reforzar a Orde Ministerial do artigo 25 da Lei de Propiedade Intelectual, na que as asociacións tamén piden que figure a excepción da obriga de pago da compensación por copia privada a empresas e Administracións Públicas.

PUBLICIDADE