As aplicacións máis utilizadas nos smartphones son Facebook e Google Maps

mércores, 2 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Un estudo desenvolvido por Nielsen desvela o uso de aplicacións que os usuarios fan nos seus teléfonos móbiles intelixentes, e tras consultar a 4.200 persoas nos EE.UU. conclúen que a aplicación máis frecuente é Facebook, seguida de Google Maps, aínda que hai lixeiros cambios segundo a plataforma.
Así, podemos ver coma nos iPhone si temos a Facebook coma servizo líder, pero está seguido pola función de reprodución multimedia do terminal por diante de Google Maps, mentres que os usuarios de Android destacan por situar Google Maps por diante de Facebook. En BlackBerry, Palm e Windows Mobile parece confirmarse a media, e tamén resulta interesante destacar que entre os outros servizos de éxito nos smartphones estarían a información meteorolóxica e o servizo musical só dispoñible en EE.UU. Pandora.
Tamén detectáronse un comportamento moi diferente dos usuarios con respecto ao volume de aplicacións instaladas no móbil en cada plataforma, de xeito que os usuarios de iPhone parecen ser os máis activos a este nivel con 37 aplicacións de media, seguidos polos usuarios de Android con 22 aplicacións, mentres que o resto de plataformas quedan nunha cantidade máis moderada (entre 10 e 14 aplicacións instaladas).

PUBLICIDADE