As aplicacións de Google Chrome poderían dar o salto ao móbil en breve

mércores, 4 de decembro do 2013 Marcus Fernández

En GitHub apareceu un proxecto chamado Mobile Chrome Apps liderado por Michal Mocny, un dos desenvolvedores de software de Google, e que dá a entender que están a traballar nunha solución que facilita que as aplicacións desenvolvidas para Chrome poidan dar o salto a Android e iOS, de xeito que as aplicacións de Chrome xa non se limitarían a Windows, OS X, Linux e Chrome OS, senón que tamén estarían dispoñibles en dispositivos móbiles, o que podería ser un importante incentivo para o seu desenvolvemento.
O lote de ferramentas axudaría á creación de aplicacións nativas híbridas para Android e iOS utilizando o popular Apache Cordova (tamén coñecido como PhoneGap), para despois poder publicalas en Google Play ou a App Store, aínda que este desenvolvemento aínda non é oficial, polo que é posible que ata o ano que vén non vexamos como Google presenta esta interesante solución para crear aplicacións en HTML, CSS e JavaScript que pese a utilizar tecnoloxías web poderían comportarse como aplicacións de tradicionais.

PUBLICIDADE