As SMS en itinerancia baixarán un 60% na UE

venres, 28 de novembro do 2008

Os ministros de Telecomunicación da Unión Europea chegaron a un acordo sobre o paquete comunitario de reforma das telecomunicacións impulsado por Viviane Reding polo que se agarda que se ratifique a través de 2 directivas e 1 regulamento que, entre outras cousas, reducirían un 60% o prezo das SMS dende o estranxeiro.
A medida tamén afectará ás ofertas de uso da Internet móbil no estranxeiro, fixándose un tope de 1 euro/Mb ás tarifas que se cargan entre si as operadoras (tendo que avisar aos clientes cando superen o consumo de 50 euros no estranxeiro, para evitar posibles facturas excesivas).

PUBLICIDADE