As Google Glass chegan a Reino Unido esta semana

luns, 23 de xuño do 2014 Marcus Fernández

Ás portas do Google I/O temos que un dos produtos da compañía de Mountain View continúa a avanzar cara á súa chegada ao mercado, as Google Glass, que xa gozan de certa dispoñibilidade nos EE.UU. e que esta mesma semana van a facer un grande desembarco no Reino Unido, onde durante os días 27 e 28 de xuño vai desenvolverse unha campaña para achegar usuarios ao programa Glass Explorer, a través do que permitirán facerse cun dos populares lentes por 1.000 libras esterlinas (1.252 euros).
Cómpre lembrar que as Google Glass seguen a ser un produto en desenvolvemento, polo que Google intenta achegalo ao meirande número de usuarios posible para poder recibir feedback de calidade antes do seu lanzamento. Grazas á barrarei económica do dispositivo tamén conseguen que a meirande parte das unidades se empreguen profesionalmente, o que tamén tradúcese nun feedback de calidade, á vez que contribúese a facer atractivo o produto para o grande público (que o ve como un accesorio moi exclusivo).


Vídeo promocional da chegada do programa Glass Explorer a Reino Unido
Pero para facer popular as Google Glass non só está a evanxelizarse mediante campañas, senón que tamén búscase un toque de deseño para que esteamos ante un produto que poida vestirse con elegancia, para o que contará con numerosas monturas de deseño ás que veñen de sumarse varias creacións de Diane von Furstenberg, que poderán mercarse nos EE.UU., aínda que a uns prezos tamén bastante prohibitivos (uns 1.800 dólares).


Video de presentación das monturas para Google Glass de Diane von Furstenberg

PUBLICIDADE