As Comunidades queren mellorar a organización dos grupos de WhatsApp

xoves, 3 de novembro do 2022 Marcus Fernández

WhatsApp anuncia que unha das súas principais novidades xa é unha realidade: as Comunidades. Esta nova prestación está a espallarse entre os usuarios de todo o mundo, aínda que esta despregadura pode tardar meses en chegar a todos os usuarios. Pretende ser unha alternativa máis organizada e racional ao grupos de WhatsApp, de xeito que poderanse organizar conversas en grupo nas que será posible realizar subgrupos para falar de temas específicos, reducindo o nivel de ruído e achegando un maior control aos administradores.
Outras novidades que están lanzarse con a posibilidade de crear enquisas nas conversas, poder realizar videochamadas con até 32 participantes e incluso poder contar con até 1.024 usuarios en cada grupo.

WhatsApp está a incorporar numerosas novidades

PUBLICIDADE