Arteixo Telecom mellora os seus resultados económicos

xoves, 15 de maio do 2008 Marcus Fernández

Router desenvolvido por Arteixo Telecom e Level Telecom

A compañía Arteixo Telecom confirmou un dos maiores crecementos do sector tecnolóxico galego, consolidando un incremento de vendas do 25% anual dende 2000 ata chegar en 2007 a un beneficio de 800.000 euros e un cadro de persoal de 206 traballadores, o que resulta especialmente prometedor se temos en conta que hai 8 anos a compañía vía perigar a súa viabilidade tras unhas perdas próximas aos 2 millóns de euros.
Estes novos resultados posibilitaron a posta en marcha dunha ampliación en 1.100 m2 da súa planta no polígono de Penapurreira que agardan concluír tralo verán, para completar 6.000 m2. Tamén cómpre destacar que Arteixo Telecom destina o 5,3% das súas vendas ao I+D, o que permitiu que o 25% da súa facturación corresponda xa a produtos fabricados con tecnoloxía propia, coma o sistema de localización de persoas con alzhéimer (Simap) ou o router ReVisio que achega a Internet por Wi-Fi aos autobuses de Arriva.

PUBLICIDADE