Arrinca a 3ª edición dos premios 20Blogs
mércores, 10 de setembro do 2008
Hoxe ábrese
o prazo de inscrición
para os premios 20Blogs, que chegan asà á súa terceira edición e que
repartirán
22 galardóns repartidos en 20 categorÃas (ás que haberÃa que engadir
o premio do xurado e outro dos blogueiros inscritos no concurso).
O premio organizado polo diario 20 Minutos entregará 3.000 euros, un diploma de
honra e a invitación a converterse en columnista do xornal gratuÃto máis lido
de España ao mellor blog elixido, mentres que o máis votado tamén recibirá
3.000 euros e un diploma de honra. O resto dos galardoados recibirán un diploma
acreditativo.
O prazo de inscrición remata o 12 de outubro, e as votacións serán entre o 15
do mesmo mes e o 2 de novembro, dándose a coñecer os gañadores o 17 de
novembro.
Este certame conta historicamente con moita presenza galega, pois na súa
primeira edición o blogueiro asentado en Compostela, Pedro Jorge Romero, recibiu o galardón ao
mellor blog persoal, mentres que DÃas
Estranhos foi
recoñecido coma o mellor blog en linguas constitucionais distintas do castelán.
O pasado ano, nesta última categorÃa 2 dos 3 finalistas eran galegos (aÃnda que
finalmente gañou un catalán).
Tamén hai presenza galega no xurado, pois constan coma vogais Javier
Wicho Pedreira e Juan Varela.