Arredor de 300 profesionais participarán este venres na Noite Galega das Telecomunicacións
xoves, 25 de outubro do 2012
- O Gran Hotel da Toxa, no Grove, sede da xuntanza profresional da AETG-COETG
Como vimos lembrando dende hai dÃas,
este venres 26 celébrase na nosa terra unha cita obrigada para os
profesionais galegos que traballan dándolle corpo á comunicación
do futuro. Falamos da Noite
Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que
vai pola súa edición XVII e que este ano xirará arredor dun
fenómeno que afecta ao presente pero, sobre todo, ao noso xeito de
vivir, informarnos e comunicarnos nos anos vindeiros: as cidades
intelixentes. O evento, que dá comezo ás 20.00 horas no Gran Hotel
da Toxa (O Grove) coa recepción de convidados, celébrase baixo o
epÃgrafe Smart Cities, a tecnoloxÃa ao servizo dos cidadáns. A
cita vén da man do Colexio
Oficial e a Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de
Galicia (COETG-AETG) e
contará, entre outros persoeiros, coa presenza do presidente en
funcións da Xunta, Alberto
Núñez Feijóo.
Asemade, intervirá na apertura de
actividades a directora en funcións da Axencia para a Modernización
Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Mar Pereira. A previsión é a de
reunir no Gran Hotel da Toxa a máis de 300 profesionais do sector
das telecomunicacións e das novas tecnoloxÃas da información
(enxeñeiros, asociacións sectoriais, empresas, institucións
públicas e privadas, etc.).
O acto descorrerá segundo o seguinte
PROGRAMA
20:00 h. Recepción de convidados
20:15 h. Recepción de autoridades no
Gran Hotel A Toxa
20:30 h. Set de prensa- photo call
(vestÃbulo do hotel),
comparecencia ante os medios de comunicación, fotografÃas cos
premiados e breve declaración.
Orde de intervencións:
- Palabras de benvida por parte do
decano do COETG
- Intervención do presidente en
funcións da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo.
21.00 h. Comezo da Noite Galega das
Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012
21:05 h. Acto de presentación das
Smart Cities, a tecnoloxÃa ao servizo dos cidadáns.
21:10 h. Entrega dos Premios Galicia
das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2012
- Premio Enxeñeiro Gerardo GarcÃa
Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no sector TIC 2012
- Premio Gradiant á Mellor Tese
Doutoral Aplicada ao Sector TIC 2012
- Premio INEO ao Produto ou Servizo TIC
máis innovador de 2012
- Premio ao Mellor Proxecto TIC con
Beneficios Sociais outorgado pola AETG e impulsado pola AMTEGA
- Enxeñeiro do Ano
21.35 h. Cea de gala