Ares estrea en Galicia a canle en alta definición de TVE

venres, 12 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Águila Roja é unha das series que poden verse en alta definición

Televisión Española ampliou o ámbito de probas da súa canle de alta definición (TVE HD) «co obxectivo de estar na vangarda tecnolóxica do noso país», de xeito que a Valladolid, Madrid e Zaragoza súmanse as vilas de La Muela (Zaragoza) e Ares (A Coruña).
As novas emisións, no caso de Ares ocupan o múltiplex 22, anteriormente ocupado por La 2, e no que actualmente están as emisións en probas de alta definición, Teledeporte e Radio Nacional de España, que difunde en alta calidade Radio Clásica. Ao aproveitarse canles analóxicas que quedaron fóra de servizo evítanse os problemas de antenización para a recepción da nova canles, que debería comezar a xeneralizarse a partires de abril, de xeito que os Xogos Olímpicos de Vancouver poderanse seguir este ano en aberto en HD.
A canle TVE HD en probas consiste nun sinal de vídeo panorámico a 1.080i codificado en H.264/MPEG-4 AVC con son en Dolby Digital Plus, ocupando a metade do novo múltiplex utilizado por TVE, de xeito que tería unha compresión aproximada de 10 Mbps, o que garante unha calidade bastante boa, coma pode apreciarse neste momento nos contidos que emiten na actualidade entre os que están a serie Águila Roja, a película Rivales e algún documental e reportaxe.

PUBLICIDADE