Aproban a disolución do dominio de Internet da desaparecida República iugoslava

luns, 24 de setembro do 2007

A ICANN aprobou a desaparición do dominio nacional iugoslavo, .yu, 4 anos despois da disolución formal de tal país, de xeito que agora os dominios con ese sufixo deberán substituílo por .rs (Serbia) ou .me (Montenegro), para o que terán un prazo de 3 anos.
Non se trata dun cambio illado nos dominios de Internet, pois Zaire (.zr) xa tivera que cambiar cando se converteu na República Democrática do Congo (.cd) e na actualidade aínda se está a traballar na purga do dominio de primeiro nivel da desaparecida Unión Soviética (.su) na que aínda hai máis de 10.000 webs activas.

PUBLICIDADE