Apple quere que o iPad substitúa aos libros de texto en contornos educativos
venres, 20 de xaneiro do 2012
Apple
presentou en New York a súa nova aposta nos libros electrónicos, que apertan agora
aos libros de texto, actualizando a
aplicación de lectura de libros electrónicos para iPad á versión 2.0 (que
soporta elementos interactivos) e estreando a aplicación iBooks Author para Mac
OS X, que facilita a creación de libros de texto para o tablet de Apple.
Esta iniciativa pretende ampliar os usos educativos do iPad,
tablet dos que hai uns 15 millóns de unidades empregándose no ámbito da
educación segundo Apple. Agora a compañÃa de Cupertino quere que o iPad sirva
para substituÃr completamente os libros de texto tradicionais, xa que o seu
novo formato de e-books facilitará o uso de pantalla do iPad para interactuar
cos contidos, aceptará textos interactivos con vÃdeos, imaxes en 3D e
diagramas, facilitará as buscas, permitirá incorporar anotacións e subliñar
partes importantes, permitirá facer tarxetas de repaso e incluso contará con
cuestionarios para comprobar o nivel de coñecemento de cada tema.
- iBooks Author fai doada e edición e publicación de libros educativos para iPad
Dende Apple tamén destacan que editoriais como Pearson, McGraw Hill, DK
Publishing e Houghton Mifflin, responsables da publicación do 90% dos libros de
texto nos EE.UU., tamén empregarán iBooks para distribuÃr as súas obras, polo
que o tablet de Apple gañarÃa moito peso como ferramenta educativa.
No tocante á publicación dos novos e-books educativos, facendo uso da
ferramenta iBooks Author, cómpre destacar que aÃnda que tal aplicación de balde
fai moi doada a edición de libros multimedia e permite que os autores fixen os
prezos dos seus textos (quedando o 30% de tal cantidade para Apple, como é
habitual na plataforma de distribución dixital da compañÃa), pero cunha
contraprestación un tanto polémica, consistente en ceder a Apple a
exclusividade de distribución das obras creadas con iBooks Author.
VÃdeo no que explican as bondades do formato de libros electrónicos educativos de Apple