Apple poderÃa cambiar de postura fronte ao Flash para evitar unha investigación anti-monopolio
martes, 4 de maio do 2010
Steve Jobs leva
moitos meses criticando a tecnoloxÃa Flash de Adobe, tanto para os escritorios
informáticos como para dispositivos móbiles, cunhas declaracións que poderiamos
considerar bastante atinadas, pero que agochaban moitos intereses comerciais, o
que quedou patente non só polo feito de que a vindeira actualización do sistema
operativo do iPhone non vaia incorporar compatibilidade con Adobe Flash
(mentres que o novo Android acollerá esta tecnoloxÃa cos brazos abertos), senón
tamén polo veto ao conversor de proxectos Flash a aplicacións nativas para
iPhone por múltiples motivos dos que o máis importante serÃa que Apple quere
controlar o desenvolvemento de aplicacións para o iPhone, evitando a aparición
de capas intermedias que poidan
provocar a perda da identidade dos dispositivos de Apple, pero segundo publica
no Wall Street Journal, isto poderÃa cambiar, posto que a Comisión Federal de
Comercio e o Departamento de Xustiza norteamericanos poderÃan
estar a emprender unha investigación anti-monopolio conxunta para
analizar a polÃtica de Apple de cara aos seus competidores, o que levarÃa á
compañÃa a mudar a súa relación con Adobe.
Anteriormente non resultaba razoable emprender iniciativas semellantes posto
que o iPhone non podÃa considerarse un monopolio, pero actualmente é a
plataforma móbil predominante nos EE.UU., de aà que non serÃa de sorprender que
tanto as restricións impostas por Apple á publicación de contidos na App Store
ou a nova plataforma publicitaria iAd pasea a estar no punto de mira dos
reguladores estadounideses.