Apple intenta calar a explosión dun iPod Touch

luns, 3 de agosto do 2009 Marcus Fernández

O iPod Touch que esbourou pertencía a unha nena de 11 anos

As baterías de dispositivos portátiles coa ordenadores ou reprodutores multimedia portátiles son protagonistas de moitos accidentes desagradables, e coma último caso coñecido está dun iPod Touch no Reino Unido que esbourou, o que non chegaría aos titulares se non fose porque ante o acontecido ofrecéronlle ao comprador do produto a devolución dos cartos que custou o trebello (162 libras esterlinas) se aceptaba certas regras entre as que estaba manter a confidencialidade do asunto.
O accidente aconteceu hai cousa dun mes, cando Ken Stanborough tiña na man o iPod Toch da súa filla Elli, e tras escoitar un ruído, notou coma o reprodutor aumentaba de temperatura bruscamente e botaba vapor, polo que o arroxou para ver coma esbouraba aos 30 segundos, provocando unha nube de fume que chegou aos 3 metros de altura. Stanborough tivo logo que conversar telefonicamente con distintos departamentos ata que accederon a reintegrarlle os cartos do dispositivo, para o que remitíronlle unha carta cun contrato no que a compañía podería levalo a xuízo se non matiña a confidencialidade do seu accidente, o que escandalizou a este home de Liverpool, que considerou que dende Apple estaban a condenar a toda a súa familia a non dicir nada a ninguén ante a ameaza dun litixio contra eles.
Resulta escandaloso que aconteza algo semellante porque neste caso non pedían unha compensación polo accidente, senón simplemente a devolución dos cartos que custou o iPod Touch explosivo. Decididamente este tipo de tácticas non van beneficiar a imaxe pública de Apple.

PUBLICIDADE