Apple achegou 65 millóns de dólares á loita contra a SIDA en África

luns, 30 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Nos últimos días, aproveitando a celebración do encontro da Clinton Global Initiative, o vocalista de U2, Bono, anunciou que nos últimos anos grazas á comercialización da liña (PRODUCT) RED, Apple achegou ao Fundo Mundial de loita contra a SIDA en África un total de 65 millóns de dólares, dos que 15 millóns corresponderían a vendas realizadas dende febreiro de 2012. A través desta iniciativa solidaria búscase que erradicar a alarmante número de bebés que nacen cada día con VIH (máis de 900 actualmente), sendo Apple un dos principais contribuidores a esta causa dentro da industria da electrónica de consumo (con preto da cuarta parte das achegas).
Actualmente Apple vende versións dos seus dispositivos iPod shuffle, iPod nano e iPod touch dentro da liña (PRODUCT) RED, mentres que nos seus produtos estrela, o iPhone e o iPad, limita a produción a fundas e protectores.

PUBLICIDADE