Aparecen novos foros e blogs que fomentan a anorexia e a bulimia

luns, 8 de xaneiro do 2007 Raquel Noya

O peche da web Princesas de porcelana, na que se premiaba ás mozas que perderan máis peso en poucos días, lonxe de rematar coa polémica xurdida ó redor do tema da anorexia e da bulimia (por desgraza tan frecuente nas adolescentes de hoxe en día), provocou o abrollar de dous novos foros relacionados co mesmo tema: princesporcelan.foro.ijijiji.com e pdp.foros.ws. Malia que a autoría destes espazos de discusión non está clara, polo contido das mensaxes e as ligazóns que se poden atopar neles, as autoridades sospeitan que os creadores son os mesmos que se encargaban da anterior páxina web, pechada por ser considerada un grave risco para a saúde pública. Trucos para provocar o vómito, consellos para deixar de comer sen que ninguén se decate, información “útil” para practicar o xaxún ou dietas restritivas en grao sumo son algunhas das seccións que se poden atopar nestes foros que, máis que “axudar a perder peso con responsabilidade (segundo opinan os que critican os contidos da web), inducen ó suicidio colectivo”. “Ana” e “Mia” (seudónimos de anorexia e bulimia), animan ós participantes a que conten as súas experiencias e aconsellen ós demais con verdadeiras aberracións, como que só consuman auga ou que se autolesionen como castigo cando inxiran algo de comida. E non só estes foros (de recente creación) son fontes inesgotables de información para consulta de xente que, a toda costa e sen pensar no prezo que se paga, pretende adelgazar. Tamén os blogs, máis difíciles de controlar pola xustiza, achegan consellos e trucos a seguir. Aquí van uns exemplos:

· “Mastiga a comida, fai como que vas beber auga e tira a comida no vaso (ha de ser un vaso escuro e sen líquido e que ninguén estea preto como para velo)”.

·“Pon a comida mastigada nun pano de papel e vainos metendo paseniño no bolso”.

· “Bebe líquidos xeados, báñate con auga xeada, pon o clima en frío e non te arroupes, o teu corpo queimará calorías tratando de manterse a temperatura estable”.

· “Moita xente córtase para auto castigarse cando fallan, se o fas, non o fagas moi fondo para evitar as cicatrices e faino en lugares nos que normalmente non te vexan como as pernas ou a barriga”.

Costa crer que haxa persoas dispostas a seguir estes consellos arrepiantes e a converter esas normas no seu estilo de vida (co consecuente perigo de perdela para sempre), pero por desgraza si as hai, e moitas. Vivimos na sociedade dos excesos: a obesidade e a anorexia (contraditorias ó cen por cen) son as epidemias da humanidade do século XXI, o alcoholismo e o tabaquismo preocupan cada vez máis ás autoridades sanitarias e até o estres e a ansiedade por exceso de traballo son doenzas en alza que provocan millóns de baixas por enfermidade no noso país. E non só iso, se nos custa pensar que persoas adultas sigan estes consellos e leven a cabo estas prácticas, moito máis esforzo leva crer que existan individuos que promovan a aparición colectiva destes andazos, loitando pola causa e creando mandamentos a seguir como se dunha relixión moderna se tratase. É a sociedade de mañá... ou a de hoxe, na que case sen decatarnos estamos a contribuír a que mingúen se vexa ceibe desta lacra.

PUBLICIDADE