SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Apalabrados convértese en todo un fenómeno social

mércores 1 de febreiro do 2012, por Marcus Fernández | | Compartir | |

Nos últimos meses algúns xogos para móbiles conseguiron moita sona, como o Angry Birds ou o Plants vs Zombies, pero agora temos un xogo para iOS e Android chamado Apalabrados que está a evolucionar en fenómeno social, pois este título que vén a ser unha versión do Scrabble (o xogo das palabras cruzadas) para xogar en liña (ou sexa, contra outros xogadores reais) por quendas asíncronas (non é preciso que os xogadores estean conectados ao mesmo tempo) superou os 300.000 usuarios rexistrados e converteuse en todo un tema de conversa nas redes sociais e foros nos que a xente comparte os seus nomes de usuario para retar a outros xogadores.
Apalabrados é un xogo descargable de balde da App Store (adaptado tanto para iPhone/iPod Touch como para iPad) ou do Android Market (onde tamén hai unha versión sen publicidade que custa 1,43 euros), que permite enfrontarse en liña a amigos e descoñecidos, inclúe salas de chat, soporta múltiples idiomas (inglés, francés, italiano, alemán e español) e demostra que o pulo dos xogos sociais pode levarse a dispositivos móbiles.

JPEG - 94.9 KB
Apalabrados está dispoñible tanto para iOS como para Android
 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS