Anulan a sentenza por piratería contra o dono dunha copistería compostelá

martes, 26 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

José Luis Garabal nunha imaxe publicada por La Voz de Galicia

O Tribunal Constitucional vén de anular unha sentenza da Audiencia Provincial contra José Luis Garabal Vázquez, propietario da copistería compostelá O Copión, a quen condenaran en segunda instancia a indemnizar a Promusicae con máis de 6.000 euros e ao pago dunha importante sanción por permitir o uso de ordenadores no seu local para efectuar reproducións e descargas de arquivos de son e imaxe, que tamén podían gravarse en soportes que vendía o acusado, pero que o Constitucional considera que non foi procedente por ter sido absolto en primeira instancia, e non celebrarse unha nova proba e un novo xuízo no tribunal de apelación, o que non daría as garantías suficientes ao proceso.
Na sentencia anulada considerábase probado o prexuízo económico aos artistas e produtores musicais denunciantes (intervíranse máis 35.000 cancións, así coma listaxes que o acusado ofrecía aos seus clientes), e prohibían ao acusado a continuar coa actividade «ilícita», pero para decidir tal, o presidente da sala sexta da Audiencia Provincial, Ángel Pantín, limitouse a visionar a gravación audiovisual do primeiro xuízo «para revalorar as probas de carácter persoal practicadas», o que o Tribunal Constitucional considerou nulo, e o avogado de Garabal considera que agora non queda outra posibilidade que non sexa a súa absolución.

PUBLICIDADE