Antas de Ulla xa dispón de Internet de ata 500 Mbps simétricos con R
venres, 20 de novembro do 2020
O
concello de Antas de Ulla, en Lugo, xa dispón de Internet de até
500 Mbps simétricos da operadora galega R, que vén de rematar neste
termo municipal da Ulloa parte das tarefas de despregue da súa rede
de fibra óptica, aproveitando ao máximo as infraestruturas
existentes no termo municipal.
Deste
xeito, informa a compañía de cable, “282 novos fogares e negocios
destes núcleos quedaron preparados para recibir os servizos
avanzados de teléfono, Internet de ata 500 Mbps simétricos e
televisión dixital multicanle de R”. Amais, engadiu a operadora,
cando se complete este plan en Antas de Ulla, tras o exercicio de
2021, a localidade lucense contará xa cuns 324 fogares e empresas
con conexión ás redes de nova xeración de R.
Este
e outros despregamentos na provincia de Lugo forman parte dun dos
tres proxectos do Plan PEBA-Avanza do Ministerio de Economía e
Empresa dos que R resultou adxudicataria en 2018 para despregar a
tecnoloxía FTTH en 512 núcleos de Galicia que non dispoñan de alta
velocidade ata o momento (as chamadas “zonas brancas”).
No
desenvolvemento dos tres plans investiranse un total de 10M€, dos
cales preto de 8M€ serán subvencionados polos fondos FEDER da
Unión Europea.
En
concreto, os traballos técnicos realizados en Antas de Ulla
encádrase no proxecto destinado á extensión de redes de nova
xeración en 162 núcleos do centro-oeste de Galicia (norte de
Pontevedra, sur da Coruña e oeste de Lugo). O investimento total
neste caso é de 3,58M€, 2,86 deles subvencionados polos fondos
FEDER da Unión Europea.