Ampla presenza de empresas tecnolóxicas na Feira de Emprego da Cámara da Coruña

xoves, 2 de novembro do 2023 S. P.

A XIV edición da Feira de Emprego da Cámara da Coruña, que terá lugar o 7 de novembro no recinto PALEXCO, reunirá a máis de 70 empresas á procura de novos talentos profesionais. As candidatas e candidatos terán ocasión de presentar os seus currículos e entrevistarse cos responsábeis de Recursos Humanos destas compañías que, en total, suman máis de 200 ofertas de emprego activas en sectores como o de alimentación, metal, comercio, servizos, sanitario ou tecnolóxico (TIC), entre outros. O sector TIC contará cunha ampla representación, por exemplo a través de CIE, Disashop, Tecdesoft, Texas Controls ou a consultora tecnolóxica Nunegal, entre outras.
En total, as empresas que xa confirmaron a súa participación nesta edición son: Abanca, Aena, APECCO, Applus, Arba Enerxía, Arce Clima, Areté, ASEB (Asociación de Empresarios de Bergondo), Carrefour, CIE Tecnoloxías, Citanias, Clece (Grupo Clece), Disashop, Domusvi, Ecomt (Grupo Abeirar), El Corte Inglés, EOS Spain, Flying Tiger, FUAC (Fundación Universidade da Coruña), Fundación Equipo Humano, Fundación NARU, Gadisa, Genesal Energy, Gi Group, GOC Consultoría e Enxeñería, Greenalia, Grupo Aluman, Grupo Calvo, Grupo Clave, Grupo Eulen, Grupo Eulen-Flexiplan, Grupo Externa, Grupo Gasthof, Grupo Gestán, Grupo Inverdama, Grupo Konecta, Grupo Malasa, Grupo Soledad, Horta Coslada, Iman Temporing, Incoga, Insere Fundación ONCE, Instra Enxeñeiros (Grupo Abeirar), Integra Cee, Inusual, Xoierías José Luis, Leroy Merlin, LN Consultores, Luckia, Ministerio de Defensa, Norconsulting Recruitment, Nordés Ancín (Grupo Abeirar), Nortempo, Northius, Nunegal Consulting, Osmos, Pacto ETT, Recambios Barreiro, Repsol, Samaín (Grupo Clece), Santa Lucía, Synergie ETT, Tecdesoft, Temporing, Texas Controls, Vegalsa -Eroski e Zemsania.
Obradoiros de empregabilidade
A xornada está deseñada para que os mozos poidan asistir tamén a obradoiros nos que se abordarán “estratexias útiles para participar en procesos de selección”, en palabras da Camara.
Por unha banda, Elisa Rodríguez, socia-directora en Pimtalent, falará sobre a importancia do traballo nas competencias persoais. Ademais, Marta Dosil, área xestor de Iman Temporing ETT, explicará cales son os perfís máis demandados e as dificultades que as empresas de selección de persoas están a atoparse na actualidade.
Durante toda a xornada estará dispoñíbel un servizo de asesoramento para aqueles mozos que soliciten información sobre a que empresa dirixirse e optimizar así a súa participación neste encontro.
As persoas interesadas poden inscribirse, de forma gratuíta, na web da Cámara ou solicitar información chamando ao 981 21 60 72, en horario de 9.00 a 14.00 horas.
Ademais, a organización poñerá á súa disposición un servizo de autobús gratuíto que partirá do Centro de Formación da Cámara (rúa Mendaña de Neyra, 8), na Coruña.
A Feira de Emprego do PICE enmárcase no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil do Ministerio de Traballo e Economía Social e está co-financiada pola Unión Europea.

PUBLICIDADE