Ampla presenza das TIC nas 20 seleccionadas para a terceira lanzadeira exterior da Zona Franca

martes, 27 de agosto do 2019 Fernando Sarasketa

O Consorcio da Zona Franca de Vigo vén de seleccionar as 20 empresas galegas que formarán parte da súa terceira lanzadeira para mercados do mundo, ViaExterior III, novamente moi concorrida de proxectos tecnolóxicos-dixitais, aínda que tamén doutros sectores, como a enxeñaría, o biotech ou o agroalimentario. O Consorcio ofrecerá a estas 20 firmas participantes (elixidas de entre medio cento de propostas) todo tipo de ferramentas para daren forma a cadanseus plans de internacionalización, nun período de algo máis de medio ano.
Segundo informa a entidade viguesa, toda selas teñen o nexo común de contar con experiencia en mercados alleos e exportación.
A nova aceleradora estará composta por empresas de toda Galicia, sendo un 55% da provincia de Pontevedra.
ViaExterior, que cumpre xa a súa terceira edición, pretende reducir os tempos e aumentar as posibilidades de éxito no proceso de internacionalización. Para iso, un equipo de expertos ofrecerá asesoramento personalizado ás empresas seleccionadas. O enfoque da aceleradora será de carácter práctico e permitirá fomentar o networking con outras PEME.
ViaExterior nace da aposta firme do Consorcio da Zona Franca de Vigo “pola internacionalización das empresas galegas”. Proba do devandito, explica a entidade, foi “o éxito das dúas primeiras edicións da aceleradora multisectorial do CZFV, que posibilitou que os seus participantes lograsen abrir novas sedes fóra das nosas fronteiras”.
Listaxe de empresas seleccionadas na 3ª edición
1 Biopranaworld
2 Curtidos Galaicos S.L.
3 Dairylac S.L.
4 Edigal S.L
5 Eres malo por tu culpa, S.L.
6 Flores Toxal S.L.
7 Gestepro Estudio S.L.U
8 Imaxina Novas Tecnoloxías SL
9 Industrias Losal, S.L.
10 Isinac Acoustic World S.L
11 Laser Galicia S.L
12 LVTC Financial and Insurance SL
13 Micaton Ergonomics, S. L.
14 Norlean Manufacturing & Productividad, S.L.
15 Quesos Feijoo
16 Rotogal, S.L.U.
17 Simaupro Galicia S.L.
18 Tecsoled S.L
19 Tres Fuciños Sociedade Cooperativa Galega
20 Veigas de Sabugueiro S.L

PUBLICIDADE