Amigus e Ciencia Kids achegan nas Pontes unha nova edición do Campamento de Ciencia e Tecnoloxía

mércores, 19 de xullo do 2023 S. P.

A Asociación Amigus, envorcada na formación e no espallamento das tecnoloxías abertas e participativas, organiza este verán un Campamento de Ciencia e Tecnoloxía 2023. Será na boleira do Lar das Pontes (A Coruña) do 31 de xullo ó 4 de agosto de 9 a 14h. Ofértanse 18 prazas que se poderán solicitar dende o día 15 de xullo cun prezo de 50 €.
Coma en anteriores edicións, o campamento será impartido por Ciencia Kids e nel as rapazas e rapaces poderán mergullarse nas tecnoloxías máis creativas e divertidas da man da placa libre Arduino, Echidna, Micro bit, mbot ou da Impresión 3D.
Ademais terán ocasión de realizar todo tipo de experimentos científicos, descubrir a ciencia dentro da cociña, saber máis sobre botánica ou achegarse á astronomía da man do planetario inchábel.
E todo isto baixo o método de educación STEM, siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemática.

PUBLICIDADE