Amigus comeza outubro cun hackathon de deseño e produción de circuítos
martes, 20 de setembro do 2022
A
Asociación Amigus, a través dos seus Amigus Labs, dá a benvida ao
outono cunha nova actividade creativa, participativa, libre e de
espírito maker. Trátase dun Hackathon de deseño e
produción de circuítos electrónicos. Celebrarase o vindeiro 1
de outubro no local de Amigus Labs, no 14 da praza do Hospital en As
Pontes, en horario de 10:00 a 13:00h.
Na
xornada aprenderase a deseñar PCB (placas de circuíto impreso) co
software libre KiCad, a crear PCB cunha miniCNC, soldar compoñentes
SMD e programar o microcontrolador dunha placa. “Trátase dun punto
de partida para facer prototipos funcionais a baixo custo”,
explican dende Amigus, engadindo que se trata dunha actividade
formativa de balde e que as inscricións deberán formalizarse por
orde de rexistro a través da
web dos Amigus Labs.
O
obradoiro está patrocinado pola Xunta de Galicia a través da
Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).