Amazon renova o seu altofalante infantil
mércores, 12 de xuño do 2019
Dende Amazon continúan a fornecer o seu catálogo de dispositivos
conectados que tiran proveito do seu asistente virtual, e conscientes do éxito
que teñen entre o público infantil, nos EE.UU. lanzan versións especificamente
deseñados para os máis pequenos, non só presentando unha aparencia máis divertida,
con cores rechamantes, senón tamén asociándoos a servizos.
Deste xeito temos que o vindeiro dÃa 26 van lanzar un novo
Echo Dot Kids Edition, altofalante que presume dun volume un 70% maior que
a súa versión anterior, e que inclúe 1 ano de FreeTime Unlimited, servizo que
achega un completo catálogo de contidos apropiados para nenos, como milleiros de
libros, pelÃculas, programas de televisión, aplicacións educativas e xogos, entre
os que destacan os libros Audible. Por desgraza este servizo só está dispoñible
en EE.UU., Reino Unido e Alemaña, pero a tranquilidade que supón para os pais (que
incluso poden fixar lÃmites de tempo, consultar a actividade dos pequenos e
establecer perfÃs individuais) semella un atractivo dabondo como para que
Amazon espalle o servizo a novos mercados nos vindeiros meses.
O Echo Dots Kids Edition terá un prezo de 69,99 dólares, pero en reserva pode
mercarse por 49,99 dólares.
- O novo altofalante de Amazon está dirixido ao público infantil