Amazon borra remotamente dos Kindle dos seus clientes varios libros que distribuíran ilegalmente

luns, 20 de xullo do 2009 Marcus Fernández

Nos últimos días unha incidencia coa lectores de libros electrónicos Kindle de Amazon está a dar pé a un interesante debate na Rede, xa que un dos subministradores de contidos para este trebello achegara copias de títulos coma 1984 ou Animal Farm de George Orwell non tiña realmente os dereitos de distribución dos mesmos, polo que dende Amazon aceptaron non só eliminalos da súa tenda, senón tamén borralos remotamente nos Kindle dos seus clientes (aos que lles reintegraron os cartos das súa compra) o que moitos consideran coma un control excesivo por parte do subministrador do servizo.
Amazon comprometeuse a cambiar a súa política de uso para impedir que volva a repetirse algo semellante (de xeito que as copias dos textos sexan permanentes), pero este tipo de incidentes fai que a xente tome consciencia de que os libros electrónicos non son unha translación directa do libro en papel (pese a que o seu prezo sexa moi semellante) pois o subministrador dos textos conserva bastantes dereitos e incluso resulta imposible a compra-venda de segunda man.

PUBLICIDADE