Amazon anuncia o seu proxecto de enerxÃa limpa máis ambicioso e de meirande tamaño
mércores, 15 de xullo do 2015
Amazon Web Services
anunciou esta semana a
vindeira posta en marcha do seu proxecto renovábel máis ambicioso e
de meirande envergadura até a actualidade. O proxecto levarase a
cabo en colaboración coa firma española Iberdrola Renewables e
consiste na construción e posta en funcionamento dunha granxa
eólica, a chamada Amazon Wind Farm US East, que estará emprazada en
Carolina do Norte (Estados Unidos) e que roldará unha produción de
670.000 megavatios á hora (a partir de decembro de 2016). Isto
equivalerÃa, sinalou a compañÃa, á enerxÃa precisa para
abastecer 61.000 fogares do paÃs. Servirá, iso si, para fornecer
enerxÃa eléctrica aos centros de datos da macrotenda en liña
Amazon actuais e futuros.
O proxecto responde ás
liñas estratéxicas asumidas nos últimos anos pola compañÃa en
materia de respecto polo medio ambiente e a sustentabilidade (en 2014
anunciou o compromiso de tirar partido a longo prazo de enerxÃa
renovábel, única e exclusivamente, e en abril de 2015 fixo saber
que aproximadamente o 25% da enerxÃa consumida pola infraestrutura
global procedÃa de fontes limpas).
Este proxecto súmase á
posta en marcha da
granxa eólica en Indiana (Fowler Ridge) que xerará 500.000
megavatios por hora (MWh) de enerxÃa anualmente; ao proxecto piloto
con baterÃas Tesla; á adhesión da compañÃa á entidade American
Council on Renewable Energy (ACORE) e ao anuncio en xuño de 2015 da
granxa solar Amazon Solar Farm US East, que xerará 170.000
megavatios por hora (MWh) de enerxÃa solar ao ano. A compañÃa
estima que este tipo de aposta polos recursos limpos xerarán máis
de 1.3 millóns de MWh adicionais nas redes eléctricas.