Amazon Drive anuncia o seu futuro peche

venres, 29 de xullo do 2022 Marcus Fernández

Unha das compañías que máis servizos na nube ofrece, Amazon, sorprende cunha reorientación dos seus servizos para usuarios particulares, e anuncia que o 31 de decembro pechará Amazon Drive, eliminando xa a aplicación do servizo das tendas de aplicacións de iOS e Android o 31 de outubro de 2022 e detendo a carga de contidos en Amazon Drive o 31 de xaneiro de 2023, de xeito que entre febreiro e decembro de 2023 os contidos en Amazon Drive só poderán verse e descargarse.
Dende a compañía aseguran que Amazon Drive retírase para centrar os esforzos en Amazon Photos, servizo centrado no almacenamento de fotografías e vídeos. Cómpre lembrar que as fotos e vídeos almacenados en Amazon Drive pasarán a estar accesibles mediante Amazon Photos de xeito automático, sempre que os documentos estean en formatos compatibles, recomendándose aos usuarios que descarguen o resto de ficheiros que teñan no servizo para poder conservalos para o futuro.
Os usuarios que estean subscritos a plans de pagamento de Amazon Drive poderán finalizar anticipadamente a subscrición, podendo en moitos casos recibir un reembolso pola parte proporcional do servizo que non vaian a empregar.

PUBLICIDADE