Altia é elixida pola Comunidade de Madrid para a renovación do seu portal corporativo
venres, 30 de decembro do 2016
- Tino Fernández, presidente da firma galega Altia
Altia,
compañÃa galega independente de consultorÃa e prestación de
servizos TIC, vén
de anunciar a súa colaboración coa Axencia para a Administración
Dixital da Comunidade de Madrid (Madrid Dixital) en canto á
remodelación do seu portal
corporativo (madrid.org) e de todas as webs que a compoñen. A
empresa Altia foi elixida por Madrid Dixital grazas aos coñecementos
da mesma en temas relacionados coa contorna tecnolóxica e funcional
do portal adquirido nun contrato anterior de cambio de versión do
content server (Oracle Web Center Sites) sobre o que
está soportado o devandito website na actualidade.
Desta
volta, o traballo de Altia focalizouse na construción do conxunto de
elementos e compoñentes de software da nova plataforma tecnolóxica
(baseada en Drupal7) e sobre a que se construÃu a arquitectura
básica para a remodelación do portal corporativo e de todos os
portais subxacentes para chegar ao novo portal de transparencia da
Comunidade de Madrid.