Alphabet cancela o proxecto para levar a Internet a lugares afastados mediante globos

venres, 22 de xaneiro do 2021 Marcus Fernández

Hai varios anos Google emprendeu un proxecto alternativo aos satélites de baixa altura para dotar a zonas afastadas de banda larga empregando globos, e aínda que o Proxecto Loon fose prometedor, agora recoñecen que non foron quen de acadar os seus obxectivos, polo que decidiron dicir adeus a esta iniciativa.
A tecnoloxía desenvolvida permitía dar conectividade á Internet móbil a una zona de 11.000 quilómetros cadrados por cada globo, ou sexa, que conseguía multiplicar por 200 a cobertura dunha antena de telefonía móbil ordinaria, o que parecía unha solución moi prometedora, pero finalmente dende Alphabet consideraron que non pagaba a pena seguir investindo no proxecto ao non conseguir reducir dabondo os custo para poder construír un modelo de negocio sustentable a longo prazo.
Temos así unha tecnoloxía que demostrou ser válida, pero que funcionaba cunha premisa económica que non conseguiu cumprirse, polo que agora haberá que manter a confianza nas novas constelacións se satélite de baixa altura que prometen ser chave para levar a Rede a onde non é posible mediante as infraestruturas ordinarias, achegando un servizo cunha calidade moi superior á das conexións satelitais actuais (que adoecen dunha elevada latencia).

PUBLICIDADE