AliExpress ofrecerá en España unha garantía de substitución de smartphones

xoves, 18 de agosto do 2016 Marcus Fernández

A plataforma de comercio electrónico AliExpress, do grupo chinés Alibaba, vén de lanzar unha garantía estatal de substitución de smartphones na que incluiranse todos os modelos e marcas dispoñibles na súa web, co obxectivo de mellorar a experiencia de compra dos seus usuarios españois.
Esta nova garantía, achegada a través dun acordo entre AliExpress e The Warranty Group, permitirá que ao adquirir un terminal dende AliExpress, no caso de sufrir algún fallo técnico ou mecánico durante o seu primeiro ano de uso, o trebello substituirase e enviarase ao domicilio do comprador nun prazo de 10 días hábiles, dende o almacén do provedor.
Con este tipo de medidas buscan reducir a desconfianza dos consumidores españois á hora de adquirir smartphones chineses, xa que garanten que en caso de que os dispositivos deixen de funcionar o usuario non quede desamparado.

PUBLICIDADE