Alexa quere axudar a tomar correctamente a medicación

martes, 26 de novembro do 2019 Marcus Fernández

Podemos asegurar que os asistentes de voz chegaron para quedar, e a súa integración no fogar pode resultar especialmente práctica para lembrar ao usuario a realización de accións periódicas como a adherencia ás toma de medicacións ou incluso encargar máis medicamentos cando estea a piques de rematarse as unidades dos medicanmentos prescritos. Nisto é no que están a traballar en Amazon, para o que chegaron a un acordo coa cadea Giant Eagle Pharmacy, con presenza física nas máis de 200 localizacións dos supermercados Giant Eagle. Dende hoxe os clientes destas farmacias poden preguntar a Alexa cando teñen que tomar a medicación, e confían en levar este tipo de servizo a máis cadeas farmacéuticas ao longo do ano que vén.
A skill desenvolvida para Alexa non só pode dicirnos a medicación que temos que tomar nun momento determinado, senón tamén pode encargarse de pedir máis medicación dun xeito doado, prestacións que mediante un asistente de voz reducen considerablemente a fricción propia do uso dunha aplicación de móbil para usuarios de certas idades.

PUBLICIDADE