Alertan de que os iPhone libres que se venden en Francia só funcionan con tarxetas SIM francesas

venres, 14 de decembro do 2007

O único país no que se seguen a vender legalmente terminais iPhone libres é Francia, pero dende iPhone Atlas avisan de que estes móbil que se venden a 649 euros, e que supoñen preto do 20% das vendas actuais dos móbiles de Apple no país galo, non están totalmente libres, de xeito que só funcionan con tarxetas SIM de operadoras francesas, polo que non se poderían empregar noutros países.
Cómpre destacar que a comercialización do iPhone libre en Francia responde só a un imperativo legal, e os usuarios que queiran ter un terminal realmente libre deberán empregar técnicas alternativas.

PUBLICIDADE