Alcatel presenta un reloxo infantil que integra teléfono móbil
martes, 5 de xaneiro do 2016
Alcatel
Onetouch non se conforma con achegar ao mercado un
dos smartwatches de marca coñecida
máis económicos para intentar facerse cun anaco da torta deste sector
emerxente, senón que quere chegar máis aló e conseguir unha boa posición no
sector dos reloxos conectados para cativos co seu novo CareTime,
que vén a ser un reloxo de pulso infantil que integra un teléfono con GPS.
Este dispositivo está orientado a pequenos de entre 5 e 9 anos, e pese a ter a
forma dun reloxo de pulso ordinario (de cores rechamantes) integra un teléfono
móbil 2G que pode recibir chamadas e mensaxes de voz de até 10 números
autorizados e chamar até a 5 números rexistrados.
Aparte de servir para comunicar cos pequenos, tamén engade certa seguridade
para os seus proxenitores, xa que, a través dunha aplicación para iOS e Android
será posible acceder á posición do reloxo grazas a que determina a súa
localización combinando datos de GPS, GSM e Wi-Fi. Esta solución incluso
permite determinar zonas de seguridade para que os pais reciban unha
notificación no caso de que o reloxo se afaste da mesma.
O Alcatel Onetouch CareTime ter certificación IP65, ou sexa, que é resistente
ao po e a salpicaduras, e a súa baterÃa pode durar até 4 dÃas. Sairá á venda no
mes de abril.
- O CareTime ten a aparencia propia dun reloxo infantil, pero conta con funcións avanzadas dispoñibles a través de sinxelos menús