Albert Einstein feito robot

luns, 2 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Un robot inspirado no popular físico alemán triunfa no NextFest

George W. Bush atópase co Albert Hubo durante o NextFestO NextFest, un evento organizado pola revista norteamericana Wired no Centro de Convencións Javits de New York serve para presentar moitos dos últimos avances tecnolóxicos máis atractivos, destacando especialmente este ano ó Albert Hubo, que é un robot capaz de camiñar como unha persoa pero que destaca polas súas capacidade de expresión facial, tendo inspirado o seu rostro na cara do físico Albert Einstein.
Detalle da cara do robot Albert HuboO curioso robot xa ocupara a portada da revista Wired nos pasados meses co gallo dun número dedicado ós robots humanoides, e é que o produto de Hanson Robotics resulta abraiante, pois fai crible a imaxe dos robots humanoides que tanto aparecen nas obras de ciencia ficción e que poderían supor unha revolución no futuro, especialmente para axudar a persoas que non poden valerse soas.
O novo Hubo non só pode amosar expresións faciais, senón que tamén pode identificar ás persoas que ten ó redor grazas a unhas cámaras instaladas nos seus ollos, o que podería servir tamén para atender só ó seu propietario de comercializarse este tipo de dispositivos coma robots axudantes.
Na Internet xa hai clips que nos amosan a expresividade facial do robot, así como da súa capacidade motora:

PUBLICIDADE