AirUnleashed, unha base de carga inspirada na AirPower
mércores, 19 de xuño do 2019
A
cancelación da base de carga AirPower por parte de Apple converteuse nunha
oportunidade para moitos fabricantes, que atoparon a porta aberta á
comercialización de produtos semellantes como o AirUnleashed, cargador por indución
claramente inspirado no de Apple, que está deseñado para cargar simultaneamente
o iPhone, o Apple Watch e os AirPods mediante carga sen fÃos, que está a
venderse en liña por 99 dólares (96,41 euros se incluÃmos o adaptador de
corrente), polo que podemos consideralo como un interesante sucedáneo.
Esta base de carga por indución ten un acabado semellante á pel na súa parte
superior, cunha parte inferior de microfibra que evita que esvare. Pode achegar
até 10 watts de carga e a súa grande diferenza fronte ao AirPower serÃa que os
dispositivos electrónicos a cargar deben colocarse en puntos especÃficos da
base, en vez de permitir a liberdade que prometÃa o accesorio de Apple, que
tivo problemas fÃsicos para poder converterse nunha realidade.