Aimen presenta nas JAI 2014 un innovador proxecto robotizado de rehabilitación clÃnica
martes, 4 de novembro do 2014
Ao
longo desta semana ten lugar en Vigo a VI edición das Xornadas
sobre TecnoloxÃas e Solucións para a Automatización Industrial
(JAI),
alà presentouse onte Fisiorob,
unha achega a medio camiño entre a robótica e a realidade virtual
que nace coa vontade de asistir aos pacientes en exercicios
intensivos de rehabilitación. Detrás deste enxeño atópanse as
empresas galegas: Comsa, Emte, Aequs, Izmar, I3che, Balidea e POVISA;
e contan coa colaboración de Aimen
Centro Tecnolóxico,
CIS Galicia e da Universidade de Vigo en temas relacionados coa
robótica, electrónica, sistemas de realidade virtual e adquisición
de sinais.
Emporiso,
Aimen Centro Tecnolóxico (situado no Porriño), participa no
desenvolvemento do proxecto, un innovador sistema robotizado de
asistencia en rehabilitación neuromotora clÃnica. Fisiorob propón
unha nova solución baseada na combinación da robótica con
contornas virtuais de rehabilitación, para o seu uso na recuperación
da mobilidade das extremidades superiores de pacientes con necesidade
de rehabilitación neuromotora. O centro tecnolóxico colabora no
desenvolvemento do sistema de control do brazo robotizado.
Prevese
que o robot poida abranguer todas as fases de recuperación do
doente, mesmo podendo realizar parte da rehabilitación no seu propio
domicilio, mediante un sistema de adquisición de sinais biomédicos,
que permitirá calibrar a súa evolución e adaptar o seu tratamento.
Ademais, idearase un programa de xestión de datos co que organizar a
información obtida en cadansúa sesión de rehabilitación para que
o equipo médico poida realizar un axeitado seguimento da terapia e
evolución.
Engadir
que este proxecto conta co apoio do CDTI, o Ministerio de EconomÃa e
Competitividade, a Axencia Galega de Innovación e o Fondo
Tecnolóxico.