Afirman que un santo brasileiro fixo a primeira milagre virtual

venres, 15 de xuño do 2007 Marcus Fernández

O primeiro santo da Igrexa Católica nacido no Brasil podería converterse tamén no primeiro santo en obrar unha milagre a través da Internet a tenor unha información publicada na súa web oficial e de varios medios de comunicación brasileiros.
Ó parecer, unha muller brasileira que vive en Kengsport (Tenessee, EE.UU.) recibiu a información de padecer un tumor maligno, polo que unha amiga do Brasil lle recomendara tomar as pílulas de San Antonio de Santa Ana Galvão (máis coñecido coma Frei Galvão) e, ó non poder conseguilas, optou pola web mencionada para acender velas virtuais, o que acompañou con moitas oracións. Uns días despois a muller realizou máis exames médicos e a enfermidade diagnosticada desaparecera.
O testemuño de Ana María Chiarella Dykes, de 41 anos, chegaría nunha carta enviada ó museo São Frei Galvão en Guaratinguetá (São Paulo) e parece que a historia non se puido constrastar axeitadamente.

PUBLICIDADE