Adobe lanza un servizo web de creación de presentacións

xoves, 28 de maio do 2009 Marcus Fernández

Cada vez hai máis plataformas que permite a realización de presentacións vía web, aínda que unhas son máis avanzadas que outras, de aí que Adobe decidiu xogar forte neste ámbito co seu servizo Acrobat.com Presentations, que fai doada a creación e compartición de presentacións utilizando tecnoloxía Flash e incluso permitindo o traballo simultáneo de varios usuarios.
O novo servizo opera dentro do navegador web, é totalmente de balde e non hai plans para cobrar polo mesmo no futuro. Integra ferramentas e modelos para facilitar a creación de presentacións moi profesionais, simplifica a edición colaborativa, incorpora un potente xestor de imaxes para colocar e modificar as imaxes con calidade, soporta a incrustación de vídeo nas presentacións e mesmo permite editar as presentacións a PDF.

PUBLICIDADE