Adobe colabora con Facebook para facilitar a creación de aplicacións sociais en Flash

martes, 31 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Adobe chegou a un acordo con Facebook de xeito que publican unha biblioteca de programación de Flash para facer doado o desenvolvemento de aplicacións que conecten coa plataforma social de Facebook.
Facebook xa era compatible coa tecnoloxía Flash, pero non permitía que dende Flash se puidese tirar proveito de todas as posibilidades da API de Facebook, o que agora cambia grazas ao traballo conxunto de Adobe e Facebook.
A biblioteca ActionScript 3.0 para Facebook xa estaba dispoñible para PHP, JavaScript e iPhone, e ao adaptarse tamén á tecnoloxía Flash facilítase a creación de aplicacións para interactuar entre usuarios de Facebook, xogos máis sociais que permitan competir cos amigos e motios outros usos que iremos vendo nos vindeiros meses.

PUBLICIDADE