Adobe adaptará InDesign para a creación de revistas para tablets

mércores, 21 de xullo do 2010 Marcus Fernández

A conversión da revista Wired ao iPad está a servir coma exemplo de adaptación aos novos soportes das publicacións impresas, o que correspondía a unha aposta firme de Adobe para reciclar o software de maquetación de prensa preparándoo para o futuro. Agora, Adobe coloca as cartas sobre a mesa, e anuncia que en breve vai publicar as ferramentas que tendan unha ponte entre as publicacións impresas elaboradas en InDesign e os novos formatos interactivos, de xeito calquera editor de revistas podería seguir os pasos de Wired co mesmo nivel técnico (de xeito que a calidade da súa versión para tablets dependería principalmente dos contidos).
As vindeiras versión de InDesign incorporarán unha capa de creación interactiva, que facilitará a creación de revistas electrónicas aproveitando o traballo de maquetación en papel, exportando os resultados a un novo formato dixital (.issue) que soporta as prestacións interactivas que xa vimos na revista Wired e que poderá vese a través dun visualizador nativo para iPad ou para outras plataformas (coma ordenadores con Adobe AIR).
As ferramentas de edición dixital estarán dispoñibles nos Adobe Labs a partir de finais do verán.

PUBLICIDADE